HOTEL TRANSILVANIA EN CANTERVILLE.
Unha especial noite de outubro, o día do Samaínm aconteceu unha asombrosa, arrepiante e horrible historia.
Os
nenos de quinto recibiramos meses atrás unha invitación anónima para
asistir a unha festa de Samaín en Canterville. Aló nos fomos de
excursión nerviosos e un pouco medosos.
No
hotel recibiunos un home de cara pálida, vestido cunha capa negra e
forro vermello. Pensabamos que era un disfrace pero algo sospeitoso
había na súa mirada.
Instalámonos nas nosas habitacións e preparamos os traxes para a festa da seguinte noite.
O
home de cara pálida recibiunos no comedor á hora da cea. Propuxo un
brinde, e alzou a súa copa cun escuro e vermello viño "presuntamente"
creado por el, ao tempo que miraba para os nosos pescozos.
Despois
da cea subimos ás nosas alcobas. A media noite, cando todo estaba
escuro e silencioso, escoitamos uns golpes ao unísono nas portas,
seguidos dun incómodo e ata estarrecedor ruído de cadeas. Ninguén se
atreveu a saír pero non pegamos ollo en toda a noite.
Ao
día seguinte, cando chegou a hora da festa, baixamos ao salón. Eramos
un nutrido grupo de bruxas, fantasmas, monstros, repelentes
tarántulas..., e unha cabuxa diabólica.
Ao
pouco de comezar o baile, fundíronse as luces, e a música cesou.
E...cha, cha, chaaaaan! No alto da escaleira apareceu Drácula rodeado de
morcegos; eran os seus secuaces. Baixaron e rodeáronnos coa intención
de chucharnos o sangue.
Cando
xa estabamos a piques de nos converter en asquerosos e arrepiantes
vampiros, unha luz cegadora espantou aos vampiros. Era Sir Simon que
traía a intención de salvarnos a vida, ao tempo que acababa coa
escravitude á que levaba sometido durante séculos. Enfadado lanzou
estacas aos vampiros, converténdoos en cadros, que trouxemos de
"souvenir" para o colexio de Pazos.
Despois
desta incrible aventura, retornamos ao colexio contentos e cheos de
agasallos de Sir Simon. O que máis nos gustou foi a cabuxa diabólica que
no maleteiro ía desafinando a canción do Samaín.
FIN
Autores e autoras:Ángel Acosta Carnero
Alejandra Casero Jara
Iker Fernández Abelleira
Irene Fraguela Trastoy
Anxo Grandal Lama
Abraham Jiménez Conchado
Alberto Lorenzo Iñíguez
Kelly-Obas Osagie López
Sofía Sanjurjo López e
Elia Somaza Nieto
Esperamos que vos guste; este é o orixinal!