jueves, 5 de noviembre de 2015

O HOTEL TRANSILVANIA EN CANTERVILLE

Esta é a portada dos CONTOS DE MEDO deste ano. Como vedes, cada vez máis terroríficas. Este é o de 5º: "O Hotel Transilvania en Canterville". Despois de ter lido, a ver se sabedes que libros, e dun gran remuíño de ideas, saíu este conto. 

HOTEL TRANSILVANIA EN CANTERVILLE.
Unha especial noite de outubro, o día do Samaínm aconteceu unha asombrosa, arrepiante e horrible historia.
Os nenos de quinto recibiramos meses atrás unha invitación anónima para asistir a unha festa de Samaín en Canterville. Aló nos fomos de excursión nerviosos e un pouco medosos.
No hotel recibiunos un home de cara pálida, vestido cunha capa negra e forro vermello. Pensabamos que era un disfrace pero algo sospeitoso había na súa mirada.
Instalámonos nas nosas habitacións e preparamos os traxes para a festa da seguinte noite. 
O home de cara pálida recibiunos no comedor á hora da cea. Propuxo un brinde, e alzou a súa copa cun escuro e vermello viño "presuntamente" creado por el, ao tempo que miraba para os nosos pescozos.
Despois da cea subimos ás nosas alcobas. A media noite, cando todo estaba escuro e silencioso, escoitamos uns golpes ao unísono nas portas, seguidos dun incómodo e ata estarrecedor ruído de cadeas. Ninguén se atreveu a saír pero non pegamos ollo en toda a noite.
Ao día seguinte, cando chegou a hora da festa, baixamos ao salón. Eramos un nutrido grupo de bruxas, fantasmas, monstros, repelentes tarántulas..., e unha cabuxa diabólica.
Ao pouco de comezar o baile, fundíronse as luces, e a música cesou. E...cha, cha, chaaaaan! No alto da escaleira apareceu Drácula rodeado de morcegos; eran os seus secuaces. Baixaron e rodeáronnos coa intención de chucharnos o sangue.
Cando xa estabamos a piques de nos converter en asquerosos e arrepiantes vampiros, unha luz cegadora espantou aos vampiros. Era Sir Simon que traía a intención de salvarnos a vida, ao tempo que acababa coa escravitude á que levaba sometido durante séculos. Enfadado lanzou estacas aos vampiros, converténdoos en cadros, que trouxemos de "souvenir" para o colexio de Pazos.
Despois desta incrible aventura, retornamos ao colexio contentos e cheos de agasallos de Sir Simon. O que máis nos gustou foi a cabuxa diabólica que no maleteiro ía desafinando a canción do Samaín.
FIN
Autores e autoras:
Ángel Acosta Carnero
Alejandra Casero Jara
Iker Fernández Abelleira
Irene Fraguela Trastoy
Anxo Grandal Lama
Abraham Jiménez Conchado
Alberto Lorenzo Iñíguez
Kelly-Obas Osagie López
Sofía Sanjurjo López e
Elia Somaza Nieto


Esperamos que vos guste; este é o orixinal!

miércoles, 5 de noviembre de 2014

A MOURA DO CASTRO DE BAÍNTE

Aitana Salazar Montoya

Armando Hernández Gómez

Lucas Grandal Lama

Sonia Bra Piñeiro

Álex Lorenzo Iñíguez
Cristian A. G.